O Carballiño mantén dez casos activos e Cea suma un contaxio ata os tres casos activos

A comarca do Carballiño conta hoxe con 14 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, mantén un total de dez casos activos. Boborás conta cun so contaxio. San Cristovo de Cea rexistra hoxe un contaxio novo, par aun total de tres casos activos. Ribadavia, Cenlle, Leiro e Avión contan cun caso activo cada un.

A comunidade galega rexistra hoxe 76 contaxios, un ritmo de novos positivos que se duplica con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 581, 48 máis ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 6 (=) están en UCI e 28 (+2) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 14 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 138 casos activos, doce máis ca onte. Os hospitais hoxe presentan 9 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.