O concello presentou hoxe a sexta edición de “Carballiño Comedy”

O concello do Carballiño acolleu esta mañá a presentación dun novo evento cultural. Trátase da sexta edición de “Carballiño Comedy”, un ciclo de humor que traerá risas durante os próximos meses.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, amosou o sentir común de que todo avance de cara o fin da pandemia para poder celebrar a cultura de novo. Presentou este ciclo como unha oportunidade de recuperar a risa logo dunha etapa como a vivida ca covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte da organización do evento explicaron o gran cartel que conseguiron aglutinar para esta edición, con algún artista xa recoñecido e con outras novidades que se fixeron coñecidas pola súa repercusión en redes durante a pandemia.

As entradas poden adquirirse presencialmente no restaourante Fuchela ou a través da páxina web www.woutick.es , a 12 euros anticipada e 15 euros en taquilla.

O concelleiro de cultura tamén se referiu hoxe ó Entroido deste ano. Asegurou que se está a traballar para poder realizar algunha das actividades e que nos próximos días terá lugar unha reunión cos representantes das comparsas.