A 10ª edición dos Galardóns Arenteira premia a Carlos Sierra, C.D. Arenteiro e Héctor Guzmán

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá, nas instalacións do ApartaHotel Arenteiro, compareceu o a organización dos Galardóns Arenteira, para dar conta do fallo do xurado nesta 10ª edición. Despois de dous anos, o próximo 26 de novembro, poderá celebrarse a súa gala de entrega dun xeito tradicional, contando xa con público asistente.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O responsable do Apartahotel, Uriel Bernárdez, presentaba estes premios esta mañá, destacando esta edición como dobremente especial.

O presidente do xurado, Xosé Luis Sobrado, daba a coñecer os galardoados nesta 10ª edición. Na modalidade de Cultura e Investigación, don Xosé Carlos Sierra. O xurado destaca así a súa labor durante máis de 25 anos á fronte do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e o seu rol na creación do Museo do Viño de Galicia. Na nosa contorna, colaborou na creación do PArque Etnográfico do Carballiño.

Na modalidade de Deportes, o premiado é o Club Deportivo Arenteiro. O xurado valora a traxectoria seguida nos 63 anos de existencia levando o nome do Carballiño pola xeografía galega e estatal, conseguindo ademais este ano o ascenso a Segunda Federación e xogando a Copa do Rei fronte a equipos de categoría nacional de Primeira División. Ademais, xestiona o fútbol base, onde dende moi cativos comezan a súa progresión como futbolistas centos de rapaces da vila e da comarca.

A título póstumo, a Arenteira premia a Héctor Guzmán. Nado en México, está estreitamente ligado ó Carballiño, no eido labora da fotografía e da comunicación. Fíxose un habitual das exposicións fotográficas do Outono Fotográfico ourensán e intégrase no colectivo carballiñés O’Potiños. No Carballiño instala a súa residencia habitual e pasa a formar parte do equipo técnico de Radio Carballiño Cadena-Ser.