O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da terceira edición do Contacontos Familiar, que se levará a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día Internacional contra a violencia de xénero), e que terá lugar o vindeiro fin de semana. Realizarase a representación de diferentes contacontos: O Ratiño Presumido; e Aprendendo a querer; coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias.
A programación dos contacontos levarase a cabo no mes de novembro, no centro de saúde de San Amaro, 19 de novembro, ás 18:30 horas; no colexio de Beariz, o 20 de novembro, ás 12:30 horas; e na casa do concello do Irixo, o 20 de novembro, ás 18:30 horas no edificio Chamoso Lamas de Boborás, o 21 de novembro, ás 18:00 horas; e na antiga escola de Cotelas, en Piñor, o 21 de novembro, ás 12:30 horas.