A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez selou hoxe en Ourense cos alcaldes de Leiro e de Boborás, Francisco José Fernández, e Ana Patricia Torres, un convenio de colaboración en materia de augas
Vázquez Mourelle rubrica o acordo co Concello de Boborás para executar as obras de mellora das redes de abastecemento, saneamento e pluviais municipais, no núcleo de Brués, que suporán un investimento de 385.000 euros
A Xunta achegará o 80% do orzamento para impulsar esta actuación e executará as obras, e a entidade local contribuirán co 20% restante
O concello de Boborás asume a realización das xestións para posibilitar a execución das actuacións, así como a recepción, posta en servizo, mantemento, explotación e conservación das obras que se realicen no seu ámbito territorial
O departamento que dirixe Ethel Vázquez mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local
No mesmo acto, Vázquez Mourelle e a alcaldesa de Boborás selaron tamén o acordo de cooperación para executar as obras de mellora das redes de abastecemento, saneamento e pluviais neste municipio, no núcleo de Brués, que suporán un investimento de 385.000 euros.
As intervencións serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.
A intervención en Boborás
As redes municipais de abastecemento e saneamento no entorno da estrada N-541, no núcleo de Brués, teñen máis de 50 anos de antigüidade, presentando numerosas deficiencias derivadas do vencemento da súa vida útil. Isto tradúcese na existencia de fugas e perdas de auga e filtracións que derivan en ineficiencias no uso da auga.
Ademais, practicamente non existe rede de pluviais, polo que as entradas de auga de chuvia nos colectores está dificultando a depuración das augas residuais.
Mediante o convenio asinado hoxe impúlsanse as actuacións necesarias para a solución destas deficiencias, a través da renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na travesía da estrada nacional N-541.
As obras consisten na construción dun novo tramo de rede de augas pluviais e na renovación das instalacións vinculadas á auga na travesía da N-541 ao seu paso polo núcleo de Brués.
A Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar os servizos de saneamento e abastecemento, de competencia municipal, aos seus veciños de xeito eficiente.
VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV