O Psoe apoia a modificación orzamentaria para activar axudas que fomenten a actividade económica

IES CHAMOSO LAMAS

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense vén de expresar na sesión plenaria extraordinaria celebrada esta mañá no Auditorio Municipal a súa posición favorable á aprobación provisional da modificación orzamentaria para o establecemento de liñas de axudas que fomenten a actividade económica do municipio, malia entender que a proposta do executivo local “chega tarde, mal e arrastras”.

“Podemos entender a motivación que trae este asunto a pleno, que no fondo é a présa”, sinalou o voceiro socialista, Rafa Villarino. “Non se fixeron os deberes cando había que facelos”, reiterou, ao tempo que censurou o uso de fórmulas “populistas” de “todo para todos” no reparto e distribución dos fondos públicos.

SPORTUR GALICIA 2022

“Nós non estamos a favor das subvencións nominativas cando son feitas de modo unilateral” aclarou, ao tempo que puxo de manifesto que a utilización desta figura, en contraposición á da concorrencia competitiva, amosa “a absoluta falta de planificación” do bigoberno.

Ademais, Villarino lamentou que o informe do coordinador sobre as axudas para autónomos non especifique os criterios que van guiar o reparto dos cartos, polo que os socialistas descoñecen “se se van empregar bonos, se se vai conceder unha cantidade fixa ou se se van ter en conta as diversas situacións nas que se atopan os autónomos desta cidade, que non son idénticas”.

“Vemos improvisación, estase traballando a salto de mata e cremos que unha cidade como Ourense merece unha mellor planificación”, concluíu.