O’Potiños mudará o próximo luns as exposicións do Arenteiro Fotográfico

O próximo luns, día 15 de novembro, as exposicións dentro do Arenteiro Fotográfico, mudarán. Neste primeiro mes, 12 exposicións están espalladas, ubicadas no concello, no asador Veracruz, na rúa principal, no Casino, no hotel Arenteiro, no Pazo da almuzara, no Peñasco, no Plaza, nas Galerías Ango, no Multifuncional, en Chantada e en Cosaga. A que está agora mesmo no Auditorio é no autor catalán Manel Puigcerver, chamada “Cautividad y liberación”. Este fotógrafo céntrase nos desnudos femininos, e esta exposición amosa unha nova tendencia moi interesante, segundo Manuel Blanco, presidente de O’Potiños.

Esta exposición poderá desfrutarse esta fin de semana, compartindo espazo con outra de temática moi diferente, a mostra elaborada pola Asociación de Nenos, Nenas e Mozos con Diabetes.