Ana Vázquez insta o Goberno a aprobar un plan de prevención do suicidio entre menores

IES CHAMOSO LAMAS

Hoxe, na Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia

A portavoz de Interior do grupo parlamentario popular no Congreso, a ourensá Ana Vázquez, afirma que “o suicidio non se pode silenciar” e destaca que xa é a primeira causa de morte entre os mozos españois. “309 adolescentes, de idades entre os 15 e os 20 anos, quitáronse a vida en 2019”, detalla.

OZOCOgz Deseño Galego

· Reprocha a PSOE e a Unidas Podemos que fagan abandono de funcións desde a Administración, por rexeitar as medidas propostas polo grupo popular na súa Proposición non de Lei para o coidado da saúde mental e a prevención do suicidio dos menores tras a Covid.

· Sinala que ás consecuencias económicas, laborais e sociais derivadas da pandemia únense as sanitarias, entre elas as psicolóxicas, sendo os menores de idade os máis afectados. “Tras a pandemia incrementáronse un 52 % as urxencias de menores por trastornos psicolóxicos”, apuntou.

· Destaca que os ” desgarradores” datos da Fundación de Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco ( ANAR) “obrígannos a actuar”. Segundo un informe desta fundación, en 2020 incrementáronse os problemas psicolóxicos entre os menores, pois no confinamento a ideación suicida subiu un 244,1 %, a ansiedade un 280,6 %, a baixa autoestima un 212,3 % e a depresión un 87,7 %”.

· Pon en valor o esforzo de familias e profesores para sacar adiante o pasado curso escolar, pide que non se esqueza aos menores con discapacidade e subliña que “o máis grave durante o confinamento foi que moitos nenos víronse forzados a convivir 24 horas baixo o mesmo teito co seu agresor ou en contornas de violencia de xénero”.