A comarca do Carballiño mantén hoxe 16 (+4) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe dous contaxios, ata os 10 casos activos. Boborás conta cun so contaxio, igual ca San Cristovo de Cea. Maside sobe dous casos, ata os catro contaxios. No Ribeiro, Ribadavia sobe hoxe ata os 4 casos activos e Carballeda de Avia presenta tres casos activos. Avión, Arnoia e Cenlle contan cun caso activo cada un. Todos os demáis concellos están libres de covid.
A comunidade galega rexistra hoxe 248 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.749, preto de dous centenares máis nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (+1) están en UCI e 42 (-7) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 56 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 412 casos activos, 47 máis ca onte. Os hospitais hoxe presentan 9 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.