Feijóo proporá reducir o IVA da luz e do gas en España mentras dure a escalada masiva de prezos

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 10/03/22.

O xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia proporá na Conferencia de Presidentes, que terá lugar o próximo 13 de marzo, a rebaixa do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) da electricidade e do gas en España, mentres que dura a escalada masiva de prezos e cumprindo a normativa da Unión Europea”, precisou.

“Trasladaremos a proposta de baixar o IVE entre o tipo superreducido e o tipo reducido da luz e do gas”, anunciou, durante a rolda de prensa do Consello, lembrando que os Orzamentos Xerais do Estado se fixeron cunha previsión de ingresos para un prezo do barril de petróleo a 60 euros; “e hoxe é máis do dobre, é dicir, en 140 euros, coa previsión de que siga subindo nas próximas semanas”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tras destacar que o litro de gasóleo podería chegar aos 2 euros nos próximos días, Feijóo subliñou que nin o rural, o mar, a industria e os fogares poden seguir asumindo os prezos da factura da luz e do gas. “Así non se pode pescar, non se pode manter o gando e os fogares non poden seguir pagando estes prezos astronómicos”, engadiu, destacando que algunhas empresas xa se viron obrigadas a suspender a súa actividade común.

O presidente da Xunta concluíu subliñando que a invasión de Ucraína e a pandemia serán outros dos puntos centrais da orde do día do encontro, que terá lugar na Palma.