A Xunta inicia a vacinación fronte a gripe en conviventes con persoas de risco

A Xunta de Galicia inicia a campaña de vacinación contra a gripe para os que conviven con persoas de risco (inmunodeprimidos, maiores, etc.) e o resto da poboación.

Recordamos que a campaña comezou o pasado 25 de outubro, coa vacinación dos maiores de 65 anos, ademais dos usuarios de residencias para maiores e discapacitados, e dos traballadores destas institucións. Continuouse cas persoas de 60 a 64 anos, menores de 60 con patoloxías de risco; embarazadas, persoal dos servizos esenciais e de farmacia.

AVANTAR ACTIVIDADES

No que vai de tempada xa están vacinadas contra a gripe un total de 584.726 persoas.

Comeza agora o período de vacinación contra a gripe para as persoas que conviven con persoas en risco e para o resto da poboación.