Video do acto de entrega dos Premios Arenteira

IES CHAMOSO LAMAS

Nunha emotiva gala o auditorio do Carballiño acolleu a entrega dos galardóns da Arenteira, que cada ano falla un xurado por iniciativa do Grupo Cer&Ber e Aparthotel Arenteiro, e cos que se recoñecen os merecementos a entidades ou persoas no ámbito do deporte e a cultura e Investigación nas comarcas do Carballiño-O Ribeiro, e tamén se concede cada ano un galardón a título póstumo.

Recordamos cales foron os galardoados deste ano, escollidos polo xurado cunha votación en unanimidade.

HIPER MASIDE

Na modalidade de Cultura e Investigación, don Xosé Carlos Sierra. O xurado destaca así a súa labor durante máis de 25 anos á fronte do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e o seu rol na creación do Museo do Viño de Galicia. Na nosa contorna, colaborou na creación do PArque Etnográfico do Carballiño.

Na modalidade de Deportes, o premiado é o Club Deportivo Arenteiro. O xurado valora a traxectoria seguida nos 63 anos de existencia levando o nome do Carballiño pola xeografía galega e estatal, conseguindo ademais este ano o ascenso a Segunda Federación e xogando a Copa do Rei fronte a equipos de categoría nacional de Primeira División. Ademais, xestiona o fútbol base, onde dende moi cativos comezan a súa progresión como futbolistas centos de rapaces da vila e da comarca.

A título póstumo, a Arenteira premia a Héctor Guzmán. Nado en México, está estreitamente ligado ó Carballiño, no eido labora da fotografía e da comunicación. Fíxose un habitual das exposicións fotográficas do Outono Fotográfico ourensán e intégrase no colectivo carballiñés O’Potiños. No Carballiño instala a súa residencia habitual e pasa a formar parte do equipo técnico de Radio Carballiño Cadena-Ser.

GALERIA DE FOTOS: