A comarca do Carballiño rexistra hoxe 111 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe 8 contaxios, ata os 97 casos activos. Maside baixa dos 6 ós 5 contaxios. San Cristovo de Cea sobe un caso ata os tres contaxios. San Amaro O Irixo contan con dous casos activos. Piñor e Boborás contan cun caso cada un deles.
No Ribeiro, Ribadavia sobe ós 24 casos activos, catro máis, Melón sobe ata os 11 contaxios, Leiro e Carballeda de Avia soben ós 6 casos, Arnoia mantén os 4 casos, igual ca Cenlle. Beade conta con tres casos. Avión e Cortegada contan con dous casos. Castrelo de Miño conta cun caso.
A comunidade galega rexistra hoxe 815 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 7.036, máis de 600 nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 36 (+4) están en UCI e 161 (+6) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 177 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 1.813 casos activos, 104 casos máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 49 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (+2) na UCI.