A Praza de Abastos sorteará este xoves dez cestas de Nadal e viño Pazo Tizón

A campaña “Ilusiónate co Nadal na Praza de Abastos” é a aposta da Praza da Abastos do Carballiño para estas datas. Esta iniciativa está enfocada a potenciar as ventas de produtos frescos, co premio de entrar no sorteo de dez cestas de Nadal, todas con produtos do comercio local, e caixas de viño Pazo Tizón. Estas datas son unha época importante de vendas, sobre todo tendo en conta a variedade de produtos do mar e cárnicos.

Dende a praza animan a que a cidadanía faga as súas compras nos poucos días que quedan ata o xoves, xa que na praza teñen premio. Con cada compra entregarase un papel no que deberán deixar os seus datos; estes papeis serán depositados en varias furnas, que se abrirán o día do sorteo. O sorteo celebrarase o día 23 de decembro, ás 13:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES