O Carballiño estrea unha páxina web turística, con opcións de visita e actividades culturais

O concello do Carballiño, a través da súa concellería de Turismo, presentou esta mañá a súa nova páxina web turística, “turismo.carballino.gal” destinada á promoción e difusión da oferta do municipio e dos eventos que se levan a cabo. O concelleiro de turismo, Manuel Dacal, presentou esta iniciativa, que xa está en funcionamento, en castelán e galego e traballando para ofrecela en inglés.

A web será un elemento en constante actualización, xa que ofrecerá todos os datos de eventos e actividades realizadas aquí, polo concello, asociacións e restauración. Deseño Autoxiro foi a empresa local encargada de facer posible este proxecto, da man de José Manuel Barros, que nos explicou hoxe o seu funcionamento.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, alabou a posta en marcha desta páxina, destacando o peso cultural que tamén se verá reflexado nela.

Por último, Manuel Dacal convidou a todos os comercios e hostalaría a que se unan par apromocionar os seus eventos e ofertarse nesta páxina.