A D.O Ribeiro presenta máis de 20 viños no salón das estrelas de Peñín

Publicidade ASPADISI

Participa cun espazo propio no evento que ten lugar no Palacio de Neptuno de Madrid, acompañada por seis adegas distintas con brancos e tintos.

O C. R.D.O. Ribeiro participa na novena edición do Salón das Estrelas de Peñín, que se celebra hoxe, 30 de novembro, no Palacio de Neptuno de Madrid. Un evento onde se reuniron os viños españois que destacan tanto pola súa alta calidade como polo seu prezo. Nel participan os viños cualificados con 5, 4 ou 3 estrelas na prestixiosa Guía Peñín.

HIPER MASIDE

A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia contou cun espazo propio dentro do evento, onde seis das súas adegas presentaron os seus viños de maneira agrupada. Un total de 20 viños, entre os que destacan os brancos, os máis característicos da zona, xunto con algúns tintos. As adegas do Ribeiro presentes no evento foron: Carlos Villanueva, Vilerma, Viños Antonio Montero, Viña Costeira, Viña Farnadas e Xulia Bande.

O evento, no seu xa novena edición, abriu as súas portas interrumpidamente de 12.00 a 20.00 horas e estivo dirixido exclusivamente a profesionais do sector (distribuidores, restaurantes, tendas especializadas, catadores, grandes superficies, catadoras, hoteis), prensa e prescritores.