A volta ás aulas será o próximo luns día 10, cun protocolo unánime das comunidades

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A proposta de Sanidade é que non se tomen medidas en relación aos casos sospeitosos de Covid dentro dos centros educativos ata que se obteña un resultado positivo nunha proba diagnóstica. Deste xeito, “a actividade docente continuará con normalidade, extremando as medidas de prevención e hixiene” ata obter o resultado do caso sospeitoso.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por outra banda, estarán exentos da corentena todos os contactos próximos de Educación Infantil e todos os contactos próximos tanto dos grupos de convivencia estable (GCE) como de colectivos non organizados como o GCE de Primaria, independentemente de que estean ou non vacinados.

O profesorado e demais persoal do centro e a poboación maior de 12 anos seguirán as indicacións de corentena que se propoñan para a poboación en xeral.

Se a un contacto a proba resulta positiva, o contacto considerarase un caso e tratarase como tal. Se é negativo, a corentena rematará 7 días despois da data do último contacto.