ABANCA e o Centro Comercial Aberto renovan a colaboración para impulsar as vendas de proximidade

ABANCA e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto veñen de asinar un novo convenio de colaboración que busca dar apoio ao comercio de proximidade a través do acceso ao crédito de alternativas creadas para mellorar a competitividade dos negocios actuais.

O documento foi asinado esta mañá no Carballiño polo director de zona de ABANCA en Ourense oeste, Carlos Alberto Díez, e polo presidente da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, Julián Garriga.

AVANTAR ACTIVIDADES

A través deste acordo, os comerciantes adheridos terán acceso a vantaxes. No documento detállanse produtos e servizos creados para realizar investimentos e reforzar a competitividade dos negocios. Terán acceso a préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

O banco tamén activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións eficientes ante a crise.