A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Por Felipe-Senén

As advocacións parroquiais a santos e a santas dannos datos que responden a súa orixe, aos cultos pagáns cristianizados, sinales do poder de mosteiros, padroeiros de gremios de traballo… e arredor  deles as súas tradicións. Certo que ese afán misioneiro de impoñer o nome do Santo a parroquias tamén rematou con moitos topónimos orixinarios, o caso de San Facundo de Cea, pra vir algún a  tacharlle no cartel a súa categoría de Santo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Devocións a santos e santas que tentan ser exemplo de vidas cristiáns pra enriquecer os novenarios dos que Galiza é célebre. Literatura popular sacada dos “Flos Sanctorum”, como o tan cotizado do Padre Pedro Ribadeneyra que non faltaba nas reitorais de máis avoengo e que mesmo inspirou as dotes  fabuladores de creadores como Cunqueiro ou Casares.

Entre tantas devocións ao mes de Novembro déuselle o nome do Mes dos Santos, tamén dos Defuntos, como do San Martiño, respondendo á cristianización das celebracións pagáns da entrada no tempo escuro, lembrando aos  mortos e santos perdidos na nómina celestial. O que se facía entre flores, castañas, cabazas e formas esféricas, acendendo lumaradas de Magostos. Agora  recibindo a  invasión colonizadora do consumo co nome  anglosaxón de Halloween ou para ser máis celtistas do Samhain gaélico. Ao fin e ao cabo é un xeito de celebrar a semente.

San Martiño de Tours comparte con Santa María Nai o padroado da diocese de Ourense.As parroquias do Concello do Carballiño, que nace como tal no 1812, están dedicadas a santos e santas de devoción moi antiga, as que noutrora daban máis o nome aos bautizados que hoxe. Por exemplo a vila ten como padroeiro ao San Cibrao, santo de libro e sortilexios; a de Arcos compártena San Xoán e Santa Maria, o San Xoán tan en relación coas augas e a Santa María, igual que Mesego, pola dependencia do mosteiro de Santa María a Real de Oseira;  Cabanelas tamén a San Xoán, Lobás a Santa Uxía, mártir; Longoseiros  e Gomariz á mártir galega Santa Mariña de Augas Santas; Madarnás a San Tome; Mudelos e Partovia, como non, a Santiago e velaí ademais o lugar de Santián… a Piteira a San Miguel, anxo bo, axudante coa báscula no Xuízo Final ; Veiga a San Lorenzo; o Varón a San Fiz… E a parroquia de Sagra, con tanto poder nese Ribeiro que se se debuxa en socalcos cara o regueiro do Varón, terá como patrón, presidindo altar renacentista ao San Martiño de Tours… 

San Martiño. Debuxo Felipe – Senén

Aquí represéntase sentado na súa cátedra, con báculo nunha man e coa outra bendicindo, os guantes orixinariamente puideron ser roxos, pero os cirios e o tempo puideron coas pinturas e ennegrecéronnos. A  retranqueira devoción popular dirá que o San Martiño de Sagra ten as mans así por poñerse a remexer entre as castañas dos Magostos. Iso me contou don Francisco Lovelle, párroco e amigo destas terras e de Santa Baia de Banga, outra santa mártir e ben antiga devoción.

San Martiño en Sagra

Sagra ten bo igrexario parroquial: adro co seu cemiterio, cruceiro, reitoral e Igrexa mostrando a súa construción o debate estilístico entre o Renacemento e o Barroco. Fachada sobre a que campa o anagrama xesuítico e o escudo dos Sarmiento, condes de Ribadavia, rivais cos frades de Oseira e a Encomenda de Beade na posesión, produción e comercialización dos bos viños desta bocarribeira, coas aldeas do Bouteiro, Fraga, Miomás, Penedo, Reguenga, Seara e as Adegas… lugar este ente sorprendente caos  de penedas de formas monstruosas que ocultan o regueiro…covas que acochan restos de todas épocas, mesmo rodas de muíños que non entran polas súas cavidades e nos remiten a derrubes. Hoxe degradadas polo salvaxismo humano.

Cando os santos “Martiños”, se confunden nun só cada 11 de Novembro

Sobre as Fisterras célticas, países tantos días envoltos nun labirinto  de señardosas brétemas, e negras sombras, dicían os románticos e os modernistas do Renacemento Celta que semella que  por aquí aínda esperan polo guieiro que lles devolva o seu paraíso perdido: e velaí no imaxinario a saga de Gael e Breogán e a súa reconversión medieval en Rei Artur, desafiando encantamentos, para complementar o imaxinario con eses santos cabaleiros, os que se representan  a cabalo dun    inmaculado faco branco , Santiago a brandir espada e bandeira imperial,  orixe de  confrarías e pra facerse crueis matamouros, mataíndios… Namentres o cabaleiro San Xurxo  representarase cravando a lanza nun dragón que representa o mal, no pecado…  e o cabaleiro San Martiño repartindo as súa capa de centurión romano co pobre.

Tema  de santos cabaleiros que será orixe das novelas de cabalerías, de andantes buscadores  no labirinto da vida do ben e dos seus símbolos, entre eles o Graal, o Cáliz da Última Cea e de emblemáticas reliquias. Así foise desenvolvendo a palabra, a literatura, arte e a cultura.

No vello reino de Galiza os tres santos cabaleiros ocupan altares maiores e mesmo se pon o sartego do Apóstolo Santiago en Compostela,  cidade á que se abre camiños por terra, mar e o ceo das galaxias e se fai del “Patrón de las Españas”. Pero antes, a quen se rendeu culto no reino suevo  foi a Martiño Dumiense, Bracarense ou Panoniense, que viviu boa parte do herético século VI.  Misioneiro que viña da Panonia húngara, terras danubiáns de tantos substratos célticos e dos mesmos suevos, coñecedor das doutrinas orientais e que  asenta en Dume de Braga. Predicador dos feitos e dos milagres do seu paisano e homónimo,  Martiño de Tours que no século IV foi  cristianizador dos celtas galos, tempos coincidente no tempo coa viaxeira galega Exeria interesada en coñecer e describir os Santos Lugares e si acaso traer reliquias coas que alentar imperios cristiáns. O de Tours  mesmo pedindo clemencia para o galego Prisciliano  tido como mago herético.

Pero o máis papista será Martiño de Braga o que para avivar a súa misión entre os arrianos suevos e priscilianistas de tradición panteísta celta, traerá a Ourense algunha das reliquias do seu homónimo de Tours, mediante as cales di curar de lepra ao arriano Chiarrarico e ao seu fillo e erguer un templo  que será orixe da se de Ourense… Vicente  Risco ben cree que a estendida devoción a Martiño Tours acaba solapando a sona do seu homónimo de Dume, teimudo  este en rematar cos cultos panteístas, animistas, parte das doutrinas de Prisciliano.

Pra abondar na historia dos Santos Martiños da Panonia, tan en relación con Galiza e co Pricilianismo, a modo de entrada, recomendo a bibliografía de Antonio García Masegosa “San Martiño de Tours na súa época “ (1996), como a do medievalista  Anselmo López Carrera “Martiño de Dume e a Creación dun Reino” (1996).

Entre a neboeira do outono espállanse as faiscas e o cheiro a chamusco de Magostos e noutrora o do ritual da mata do porco, final da ceba do animaliño ao que mesmo se lle collía agarimo, festa, a pesar da crueldade da persecución e fatal final: coitelo en man, matanza, remexer o sangue, chamuscado,  que incluía fogueiras de palla, lavado, colgado, despezado… queda  entendido así  aquilo de que “a cada porquiño lle chega o seu San Martiño” .

————————————————————————————————–

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————

Outros artigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño