Moción do PP para que o alcalde aclare o papel do Concello na Fundacion Hermanos Prieto Asilo de ancianos.

Xa van alá mais de 100 anos nos que os Alcaldes do Carballiño, sexa quen fose nese intre, veñen desenrolando un papel de importancia na xestión do antes Asilo de Anciáns e hoxe Residencia Xeriátrica do Carballiño. A pesar de elo, a día de hoxe, os concelleiros de esta corporación non temos claro cales son as competencias ou facultades que ten o Alcalde nesa Fundación. E esta non é unha cuestión menor, xa que a Fundación esta intimamente ligada o Carballiño.

         A Fundación Irmáns Prieto naceu no ano 1923, promovida por Dona Adelaida Prieto, Don Severino Prieto, Don Leandro Prieto e o pai Juan María Prieto, e o seu fin era garantir o coidado e benestar dos anciáns da vila do Carballiño e arredores. Os fundadores deixaron establecido que  Alcalde do Carballiño sería un dos patróns desa fundación, e precisamente desde este punto de vista cobra  relevancia a función do Alcalde como garante do cumprimento da vontade dos fundadores, xa que debe ser el o que vele por os intereses dos veciños do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

A pesar de isto nos últimos tempos estamos a ver nos medios de comunicación que no Asilo de Anciáns ocorren cousas que xeran intranquilidade entre os veciños da vila, que como dixemos, son os beneficiarios da fundación Hermanos Prieto, sen que polo Alcalde déanselles as oportunas explicacións, e nin sequera se exprese cal e a súa opinión sobre o que acontece no seno da fundación.

Así vemos que fai pouco mais de un ano as Hermanitas dos Anciáns Desamparados, que levaban vinculadas ao Asilo cen anos, abandonaron o Carballiño, e hoxe vemos que as súas substitutas, pertencentes a Congregación das Siervas de Jesús, fan o mesmo, e todo elo sen que polo Alcalde se diga nin faga nada.

O Grupo Popular entende que e responsabilidade do Alcalde velar polo cumprimento da vontade dos fundadores, que nos era outra que garantir o coidado dos anciáns da nosa vila; e que debe dar aos veciños as explicacións oportunas sobre a súa labor como patrón de esa fundación e a defensa dos intereses dos nosos veciños dentro de ela. Ata o de agora non o ten feito, e polo tanto consideramos que e necesario que sexa o Pleno o que periodicamente sexa informado polo Alcalde sobre todo aquelo que afecte a fundación, e en definitiva, os veciños do Carballiño, xa que unha das funcións do Pleno e controlar a labor do Alcalde, e non pode quedar fora de esta labor de control a actividade do Alcalde como patrón da Fundación. 

É polo que se someten a votación do pleno os seguintes acordos:

1º.- Que a partir de agora o Alcalde informe semestralmente ao Pleno da súa actividade como Patrón da Fundación Hermanos Prieto Asilo do Carballiño.

2º.- Que como primeiro paso de esta información, e previamente a celebración do próximo Pleno, o Sr. Alcalde informe sobre cales son as súas funcións dentro da Fundación Hermanos Prieto, aportando copia dos Estatutos da mesma, e das actas das reunións mantidas polo Patronato nos últimos dous anos.

3º.- Que polo Sr. Alcalde se expliquen ao Pleno as razóns que motivaron a marcha das Hermanitas dos Anciáns Desamparados, a súa substitución pola Congregación das Siervas de Jesús, e a recente marcha de estas últimas.

4º.- Que a partir de agora o Alcalde informe coa antelación suficiente ao Pleno sobre a orde do día das reunións do Padroado da Fundación, e que sexa o Pleno quen exprese a postura que deberá soster o Alcalde nesas reunións.