O’Potiños estrea unha exposición sobre o potencial termal do Carballiño

Publicidade ASPADISI

Ourense é terra termal. O Carballiño, Vila Termal, e dende fai máis dun século un referente fundamental no termalismo de Galicia. Neste municipio cóntase co Gran Balneario, co Bañiño e co das Caldas de Partovia, con augas declaradas de utilidade pública dende principios do século XX.  

Para amosar todo o potencial co que conta a nosa contorna, a asociación fotográfica O Potiños creou unha exposición na que amosan a fermosura, a emoción e a maxia deste triángulo termal.

A mostra está xa exposta no concello do Carballiño, e convidan a todos a que desfruten dela.

Publicidade Premer na Imaxe