A alcaldía do concello do Carballiño emitiu un decreto a comezos deste mes de novembro no que solicitan ós propietarios dun inmoble que está ubicado entre a Rúa Principal e a Alameda o derribo da quinta planta, a última do edificio. Os donos terán un prazo de tres meses prorroglables para cumprir ca orde, que xa fora aprobado por Xunta de Goberno local o 6 de abril de 2009.

As irregularidades ca construcción da última planta deste edificio levan varios anos suscitando problemas. O próximo martes, día 1 de decembro, o alcalde do Carballiño e responsable de Urbanismo está chamado a declarar en condición de investigado por presunta prevaricación no Xulgado de Primeira Instancia do Carballiño. Un veciño presentou unha denuncia cuestionando a actuación do concello en relación a unha resolución municipal de reposición da legalidade urbanística.

Este tema remóntase ó ano 2008, cando Carlos Montes estaba na alcaldía e dérase un prazo de tres meses para o derribo desta planta.