O programa de Termalismo Social da Deputación achega ós balnearios de Partovia e Carballiño

A Deputación de Ourense abre un ano máis o programa de Termalismo Social coa novidade do AVE, que servirá de catalizador para promover as visitas.

Hai tres modalidades: seis días (de luns a sábado), que inclúe aloxamento, pensión completa, 10 tratamentos termais con asesoramento médico e animación sociocultural. Poderán participar persoas de 50 ou máis anos e acompañantes. Outra é a fin de semana, que inclúe estancias para unha ou dúas persoas, con posibilidade de menor de ata 12 anos. Tamén inclúe pensión completa, dúas técnicas de spa por persoa e acceso ilimitado ás piscinas. O requisito é ter polo menos 18 anos. E por último, tratamentos terapéuticos, que inclúen 10, 20 ou 35 técnicas durante 15 días: respiratorias, dermatolóxicas ou reumatolóxicas. O requisito é ter 50 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Están integrados os sete balnearios ourensáns: Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Cortegada, Laias, Lobios e Partovia. As prazas pódense solicitar a través da páxina web www.termalismourense.es, na zona de Benestar ou nos balnearios. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, falounos hoxe da oportunidade do potencial do Carballiño neste programa.

Con respecto á chegada do AVE, o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, anunciou que traballan nunha serie de proxectos para facer que o municipio recupere o seu potencial, e tamén ligado ó turismo termal.