Esta mañá, ás 10:35 horas, tiña lugar unha colisión entre dous vehículos na estrada que une Castrelo de Miño e San Paio, na OU-403. A colisión produciuse entre dous vehículos, cun choque fronto lateral. Como resultado, dous feridos que foron trasladados polo 061 ó Hospital de Ourense.
Na atención a este suceso participaron os bombeiros do GES de Ribadavia, o 061, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Castrelo de Miño.
VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV