A Xunta concede axudas a concellos e particulares para a reforma exterior de vivendas

A Xunta de Galicia convoca dúas liñas de axudas dirixidas a particulares e concellos para realizar actuacións que permitan corrixir os impactos paisaxísticos provocados polo paso do tempo. As persoas físicas que se acollan ao programa terán acceso a un máximo de 3.000 euros, mentres que para as entidades locais a subvención poderá chegar ata os 40.000 euros.

En canto á presentación de solicitudes, o  prazo está aberto dende o 20 de xaneiro, e rematará o 19 de febreiro, no caso das axudas dirixidas a particulares, e o 28 de febreiro no caso dos concellos de menos de 20.000 habitantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

As actuacións inclúen obras de revestimento e pintado de fachadas sen rematar, renovación dos acabados exteriores e acabados de edificios e vivendas, acondicionamento de peches de inmobles e muros de peche ou relevo de celosías.