O club CENTED Academy presentará o seu novo autobús oficial este martes na Praza Maior

IES CHAMOSO LAMAS

O CENTED Academy dará a coñecer este martes, ás 11:00 horas na Praza Maior, o seu novo autocar oficial de desprazamento baixo o lema “ Facendo provincia”. Con este transporte, rotulado con diferentes fotografías de Ourense nas que aparecen xogadores e adestradores, o club pretende converterse nun embaixador máis das múltiples localizacións e atractivos da cidade e a súa contorna. O autobús percorrerá toda a comunidade galega e o norte de Portugal.
“Queremos ensinar aos máis pequenos, pero tamén hai que dar a coñecer as marabillas coas que conta Ourense, que non son poucas”, asevera o presidente da entidade, Manu Cerón. Desde a súa fundación, o club CENTED Academy sempre apostou por poñer en valor á provincia a través de diferentes iniciativas.
Na presentación do autocar estará presente o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome,
así como distintos representantes dos partidos políticos da corporación, membros de organismos locais e provinciais, axentes da sociedade ourensá e a Real Federación Galega de Fútbol.