O FETEGA abre o prazo para presentar espectáculos candidatos aos premios Dorotea Bárcena

O FETEGA acaba de facer pública a convocatoria para participar no 33º Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense) a segunda semana de setembro de 2022.

O ano pasado presentáronse máis de 100 espectáculos, dos que foron elixidos oito que formaron parte do programa do festival.

AVANTAR ACTIVIDADES

As obras, das que se valorará especialmente que sexan estreas nos criterios de selección, deben desenvolverse en galego e estar producidas en Galicia.

As propostas poden enviarse desde hoxe venres 28 ata o martes 15 de febreiro ás 20 h, a través do formulario electrónico de inscrición, accedendo no formulario de https://www.fetega.gal/shows/convocatoria-2022/ onde se deberá describir a obra e achegar o material de valoración que se solicita.