Ribadavia comezará a reforma do centro de saúde.

Xunta e Concello realizarán a sinatura de acta de inicio de obra o Xoves 10 ás 11.30 no centro de saúde de Ribadavia do proxecto “Rehabilitación e actuación enerxética da envolvente térmica do Centro de Saúde”. 

Desde o Concello parabenizámonos por esta tan necesaria actuación no noso centro de saúde, destacando o aumento inversor respecto a febreiro do ano pasado, cando inicialmente a Xunta anunciaba que a reforma exterior custaría 351.500 euros. Así, durante estes meses, o equipo redactor e os técnicos da Consellería de Sanidade procederon rematar o proxecto de execución, tendo como resultado un incremento do proxecto inicial, estimando un investimento de 351.500 euros, e que agora se incrementa ata acadar un importe para a licitación da obra de 692.815 euros.   A pesar deste notable incremento, desde o Concello continuaremos insistíndolle á Consellaría sobre outras melloras que deben ser realizadas, xa que o actual proxecto (a pesar deste incremento) non contempla ningunha mellora na estrutura do edificio, nin no seu saneamento, abastecemento de auga nin rede eléctrica.    PROXECTO COMPROMETIDO E CONVENIO DO SERGAS CO CONCELLO EN 2009 POR IMPORTE DE MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS. Sendo unha moi boa nova este investimento tan importante, dista moito dos máis de 2 millóns de euros que o SERGAS comprometera ao Concello de Ribadavia mediante un convenio de antes de 2009, asinado entre as dúas administracións.     ACCESIBILIDADE.  – Pasarela / rampla de acceso desde a rúa ao centro de saúde para persoas de mobilidade reducida: consideramos que debería ser mellorada, xa que a actual ademais de atoparse en mal estado, é moi reducida e pouca apropiada para as necesidades dun centro de saúde.  – Aparcadoiro: consideramos unha necesidade prioritaria a reforma do actual aparcadoiro, cuxo acceso ocasiona atascos na propia instalación e supón importantes dificultades para os usuarios do Centro de Saúde, sobre todo a aquelas persoas de mobilidade reducida, e mesmo obrigando reiteradas veces a que as propias ambulancias teñan que saír marcha atrás a unha estrada moi transitada.   Desde o Concello temos a certeza de que o SERGAS será receptivo a estas demandas de mellora, que serán reiteradas este xoves no acto de inicio de obra, e agradecemos que nestes meses se incrementara en case o dobre o Orzamento previsto para esta obra. 

AVANTAR ACTIVIDADES