Espazo Común esixirá en pleno, coas sinaturas dos veciños, que se cumpla o acordo de paralización dos recibos do lixo de Arcos

O incumprimento do acordo do mes de outubro causa un gran enfado entre os afectados que se sinten enganados de xeito descarado.

Espazo Común iniciará no día de hoxe a recollida de sinaturas entre a veciñanza da parroquia de Arcos para apoiar a súa reivindicación de que se cumpra o acordo plenario do pasado mes de outubro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nel, o alcalde comprometeuse á paralización do expediente de regularización polo que, despois de moitos anos, comezábase a cobrarlles o lixo sen ter esquecendo totalmente a cesión do seu monte comunal.

Meses despois, os recibos seguen a chegar e as explicacións dadas polos responsables do Concello son confusas por non dicir falsas.

Dende o noso Grupo Municipal xa preguntamos en varias ocasións polos pasos dados para esta paralización. De feito, no mes de febreiro rexistramos un escrito á atención da alcaldía demandando só que se nos informará se está paralizado SI OU NON. Non ter recibido resposta fainos sospeitar que non se fixo nada.

Recolleremos polo tanto as sinaturas dos afectados para aportalas ao vindeiro pleno xunto cunha moción esixindo que se diga a verdade dunha vez e que se cumpra o acordado e a promesa feita aos veciños de Arcos.