Xavier Deltell e Pepo Suevos, un catalán e un galego, que presentan este novo espectáculo de monólogos no que durante 90 minutos contarannos as anécdotas máis tronchantes da súa vida…sen censura!
Deltell co seu estilo surrealista que o levou á fama como reporteiro de rúa no famosísimo “Crónicas marcianas” e Pepo Suevos coa retranca galega da que levamos anos desfrutando nos escenarios galegos.Ademais, tamén haberá música, bailes, recordos e moitas risas garantidas.
Entradas á venda en woutick.es , na cafetería A Solaina do Carballiño e na taquilla do auditorio dende 45 minutos antes do comezo do espectáculo.
Xénero – monólogo de humor
Duración – 90 minutos
Intérpretes – Xavier Deltell e Pepo Suevos
Idiomas – Galego e castelán
Auditorio municipal Manuel María do Carballiño
Sábado 12 de febreiro 21:00h