O CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo achega a arte aos nenos facendo recreacións da obra de Juan Valcárcel

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño puxo en marcha unha iniciativa cultural e artística na que escolleron para comezar ao pintor carballiñés Juan Valcárcel. O obxectivo era achegar a arte ao máis pequenos. Cada nivel educativo de primaria escolleu unha da súas obras e fixo a súa representación.

A auxiliar de conversa foi a encargada de falarlles do autor e despois, moi participativamente, foron os nenos os que comezaron a traballar nestas recreacións. A resposta de todas as aulas foi moi positiva e encheron os corredores de creacións artísticas, que se abriron tamén ás visitas das familias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO