O Eixo Atlántico elixe á súa nova presidenta nunha Asamblea Xeral, na que tamén estivo O Carballiño

Publicidade ASPADISI

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, foi elexida presidenta do Eixo Atlántico na Asamblea Xeral celebrada en Santiago de Compostela no 30º aniversario da entidade, á que asistiu o teniente alcalde e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, en representación do concello do Carballiño.

A Asamblea Xeral aprobou o programa para 2022 centrado en 5 eixos prioritarios: cohesión social, sostenibilidade urbana, innovación, desenvolvemento económico e internacionalización. Os representantes dos 39 municipios e diputacións que integran o Eixo Atlántico aprobaron tamén un presuposto de máis de 4 millóns e medio de euros.

HIPER MASIDE

A Asamblea, a primeira presencial tras a pandemia, celebrouse en Santiago de Compostela como recoñecemento ao Camiño de Santiago e ao sector turístico, un dos máis castigados pola pandemia e que vai xogar un papel importante na recuperación económica.O alcalde Xosé S. Bugallo mostrouse “moi satisfeito de que a nosa cidade acolla esta importante reunión, ademáis no contexto desde Ano Santo que esperemos sexa o da recuperación económica e da saída a esta crise”.

Ademais o rexedor quixo “reivindicar o papel que tiveron os concellos durante este periodo crítico, xa que contribuiron dunha maneira moi salientable a reactivar os sectores máis perxudicados pola crise económica, social e sanitaria”.Na Asamblea aprobouse o informe de xestión política do presidente salinte e alcalde de Braga, Ricardo Rio, recoñecéndoselle o extraordinario traballo realizado nas condicións, probablemente, máis difíciles nos 30 anos de vida do Eixo Atlántico xa que lle tocou xestionar os dous anos de pandemia e a consecuente paralización das actividades.

A pesar diso, durante a súa presidencia desenvolvéronse accións altamente innovadoras a nivel europeo como a conferencia de alcaldes e expertos de alto nivel de Pontevedra. Nesta reunión aprobáronse modelos e estratexias para xestionar as consecuencias ocasionadas no económico e no social das cidades tras a pandemia.Durante a presidencia de Ricardo Rio tamén se iniciou o proceso de internacionalización do Eixo Atlántico con 5 proxectos aprobados e financiados pola Comisión Europea en Asia, Canadá e América do Sur.

A Asamblea recoñeceu especialmente o esforzo na coordinación e no intercambio de información realizado polo Eixo Atlántico durante o confinamento, as xestións co Goberno de Portugal e a Xunta de Galicia para minorar as limitacións dos gobernos sobre a mobilidade entre poblacións de ambos lados da fronteira.Especialmente, valorouse a creación das comisións políticas que garantizan a participación activa de todos os alcaldes e alcaldesas na identificación das actuacións para saír da crise, así como una estratexia conxunta para a xestión dos Fondos Next Generation.

O programa para 2022 aprobado na Asamblea Xeral impulsa un conxunto de propostas en sintonía con a nueva política da Unión Europea, e os seus instrumentos financieiros para o periodo de 2021-2027. O Plan de Mobilidade Urbana Sostible, o mapa de cohesión social, o Plan de Sostibilidade Urbana e o Plan de Descarbonización do Sistema Urbano do Eixo Atlántico, entroncan co Pacto Verde Europeo, o Nuevo Bauhaus ou as medidas enerxéticas que a Comisión Europea está desenvolvendo.Entre istos, o Eixo Atlántico presta especial atención a plans enerxéticos que melloran a competitividade e favorecen o descenso dos prezos da enerxía, a calidade do aire e a prevención da contaminación atmosférica, causante dun elevado número de casos de cancro de pulmón.

Igualmente, nos próximos meses presentarase o primeiro informe socioeconómico do Eixo que constitúe unha fotografía en alta definición da situación social e económica das nosas ciudades e do territorio tras a pandemia. No ámbito do desenvolvemento económico continuarase o diálogo cos gobernos para a mellora das conexións ferroviarias e a conexión vertical Lisboa- Coruña coa saída sur de Vigo e a nova liña ferroviaria Oporto-Vigo, complementaria da liña do Miño. Así mesmo, verificarase que o AVE galego cumpra todos os parámetros dun tren de Alta Velocidade de última xeración. Tamén se vixilará que a chegada do AVE non oculte outras necesidades pendentes dende fai moito tempo e que cada vez son máis urxentes.

A dixitalización e o turismo constitúen actuacións prioritarias no programa co desenvolvemento de conceptos promovidos polo Eixo Atlántico nos seus 30 anos: o turismo trasfronteirizo e o turismo de autor.Finalmente, a cultura, a educación e o deporte, señas de identidade do Eixo Atlántico, contribuirán á reconstrucción do texido cultural e da cohesión social tras a pandemia.