OZOCOgz rende homenaxe a Rosalía de Castro con música e poesía

Onte, día 23, celebrouse o Día de Rosalía de Castro. Sumándose á conmemoración, na tenda OZOCOgz, tiveron lugar varias actividades conmemorativas, con especial mención ó forte vínculo que unía á escritora galega co Carballiño.

A iniciativa de celebrar este día nace dende os propietarios deste establecemento, que pretenden con diversas iniciativas fomentar tamén a cultura galega.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta celebración comezouse ca lectura dun manifesto, ca lectura de poemas de Rosalía de Castro e ca  Alborada de Rosalía interpretada por Alejandro Graña, gaiteiro do grupo Terras do Arenteiro, como solista neste caso.

A nota musical estivo a cargo do grupo de pandereteiras Nébeda. Ademais, o acto tamén contou ca participación musical dun rostro coñecido, o cantautor Andrés Fernández, que nos explicou un pouco máis sobre a súa actuación, na que musicalizou el mesmo un poema de Victor Campio Pereira adicado a Rosalía.