En Cenlle: Exposición pública do proxecto da obra “Mellora dun camiño no núcleo de Roucos” e da memoria do “Acondicionamento dos lavadoiros da Barca de Barbantes e Trasariz”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Publicase hoxe no BOP Premer na Imaxe

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, do día 21 de xaneiro de 2022, aprobouse o seguinte proxecto:
“Mellora dun camiño no núcleo de Roucos”, cun orzamento con IVE total de corenta mil euros (40.000 €).
E a memoria de:
“Acondicionamento dos lavadoiros da Barca de Barbantes e Trasariz” cun orzamento con IVE total de trinta e tres mil trinta e cinco euros con cincuenta e seis céntimos (33.035,56 €)
Os devanditos proxecto e memoria expóñense ao público nas oficinas municipais durante o prazo de vinte días hábiles, contados dende o seguinte ao da inserción deste edicto no BOP, para os efectos de exame e posibles reclamacións.