O Carballiño segue descendendo os contaxios, ata os 110 casos activos

IES CHAMOSO LAMAS

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixou ós 110, 33 menos nesta última xornada. Maside baixa sete casos ata os 20 casos activos. Boborás baixa ós 10 casos e Beariz mantén 5 casos. San Amaro baixa dos 11 ós 6 casos e Piñor baixa ós 7. San Cristovo de Cea baixa ós 2 casos. Punxín conta con 2 casos e O Irixo con un so contaxio.

Ribadavia baixa ata os 91 contaxios e todos os concellos presentan menos de 40 casos activos.

HIPER MASIDE

A comunidade galega rexistra hoxe 1.224 contaxios novos. O número de casos activos descenden hoxe ata os 16.109. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 29 (+3) están en UCI e 390 (-44) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 135 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 1.876. En canto á presión hospitalaria, contamos con 53 (-10) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (-1)  na UCI.