O Concello de Ribadavia busca vivendas dispoñibles para as persoas refuxiadas de Ucraína.

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello de Ribadavia, en coordinación directa coa FEGAMP e a Subdelegación do Goberno en Ourense, está traballando na acollida de refuxiados procedentes da guerra de Ucraína. A FEGAMP é a institución que coordina e centraliza todas as accións de solidariedade internacional dos Concellos galegos, mentres que a Subdelegación axilizará todos os trámites de asilo político a estas persoas refuxiadas.

As necesidades máis importantes que nos transmiten neste momento tanto a FEGAMP como asociacións de solidariedade é a vivenda e posibilidade de acollida.

OZOCOgz Deseño Galego

O Concello de Ribadavia comprométese a dispoñer de domicilios para acoller no noso municipio, tarefa na que leva tempo traballando en contacto coa FEGAMP e a Subdelegación. Neste sentido, tamén fai un chamamento a toda a sociedade de Ribadavia e do Ribeiro a que colaboren nesta tarefa de atopar vivendas dispoñibles para acoller persoas refuxiadas.

Toda familia ou persoa disposta a ofrecer vivenda poden dirixirse ao Departamento de Dereitos Sociais do Concello de Ribadavia.

Así mesmo, compartimos o último Comunicado da FEGAMP sobre a crise humanitaria de Ucraína.

Comunicado conxunto da Fegamp, Xunta de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz y el Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coas recomendacións para axudar á poboación Ucraína de forma eficaz: https://fegamp.gal/sites/default/files/artigos/descargas/comunicadoconxuntocrisehumanitariaucraina.pdf

Tamén informamos que no BOE de hoxe publican a orde que desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715

Dispoñen de máis información na seguinte ligazón do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións: https://www.inclusion.gob.es/es/ucrania/index.htm