Ante a falla de avances reais, Espazo Común leva a pleno a situación do novo parque empresarial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A moción tentará que se clarifique cal é a situación actual e prantexará a necesidade de traballar en alternativas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

MOCIÓN

                                                    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Hai xa varios anos que a ampliación do Parque Empresarial do Carballiño é unha necesidade perentoria e inaprazabre para o futuro do noso municipio.

O chan industrial dispoñible está practicamente esgotado. Isto trae consigo que, de querer instalarse aquí unha gran empresa que precisase certa superficie para a súa actividade, teríamos que vela pasar sen poder tan sequera ofrecerlle terreos.

Case tantos anos hai que é evidente esta necesidade coma os que levamos escoitando promesas e lendo titulares. Case sempre baldeiros e cheos de mentiras.

O actual alcalde vai camiño dos sete anos no sillón e a realidade é que aínda non fai moito que comezou a dar os primeiros pasos reais para acadar este obxectivo.

Desgraciadamente para O Carballiño, coma case sempre, tarde e o que é peor, mal.

Pola súa conta e risco decidiu que a ampliación ía ser, en esencia, o Parque Empresarial de Maside, sen explorar outras opcións.

Transparencia cero, información aos veciños afectados ningunha e agora, aínda por riba, descubrimos que o proxecto proposta á Xunta está cheo de eivas e vai ser case imposible de executar.

O estudo ambiental estratéxico remitido pola propia Xunta, establece unha serie de problemáticas de moi difícil solución. Case todas elas relacionadas co río Arenteiro e o río Varón.

O escaso caudal do principal río da nosa comarca, negado en pleno polo propio alcalde hai só uns meses, é unha evidenciá á luz dos informes oficiais da Confederación Hidrográfica.

O risco de producir novas inundacións ao afectar a proposta feita por Fumega ás escorrentías naturais da auga tampouco foi tido en conta á hora da redacción do proxecto.

En resumo, unha nova chapuza que nos leva a seguir perdendo tempo e recursos públicos. E lamentablemente a seguir vendo moi lonxe a imprescindible ampliación do chan industrial.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                         SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño faga público o proxecto presentado e as obxeccións postas pola Xunta no canto de ocultarllo á veciñanza.
  2. Que se estableza urxentemente un plan alternativo ante o máis ca posible rexeitamento da proposta remitida.