O Partido Popular de Ourense arroupa ao ourensán Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidencia nacional

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar asegura que os populares de Ourense “van dar de si toda súa forza” para que Feijóo gañe as próximas eleccións xerais

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

·      Destacou que a forza do PP ourensán verase en Sevilla, pero tamén “dentro deste tempo importante que se abre en Galicia demostraremos a nosa capacidade para dar o mellor de nós mesmos”

O Partido Popular de Ourense arropou hoxe a Alberto Núñez Feijóo no acto celebrado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, dentro da campaña que está a realizar por toda España como candidato á presidencia nacional. Unha convocatoria á que respondeu unha importante delegación de cargos orgánicos dos populares ourensáns, representantes nas Cortes Xerais, parlamentarios autonómicos, alcaldes, concelleiros e militantes.

Tras “un acto moi potente”, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que o PP de Ourense “vai dar de si toda a súa forza” para que Feijóo gañe as próximas eleccións xerais. A primeira demostración foi arroupar “a un ourensán como Alberto Núñez Feijóo, un referente a nivel nacional como presidente autonómico e a persoa capaz de unir o partido”.

No obxectivo de gañar as próximas eleccións xerais, subliñou Baltar, o próximo presidente nacional contará con todo o apoio do Partido Popular de Ourense, “que é o máis forte de España”. Lembrou nesta liña que na última convocatoria nacional “non houbo ningunha outra formación en ningunha outra provincia cun apoio en porcentaxe tan grande como o noso”.

Unha forza que Manuel Baltar asegurou que se demostrará tamén no congreso extraordinario que se celebrará os días 1 e 2 de abril en Sevilla. E non só iso: “despois, dentro deste tempo importante que ademais se abre en Galicia, tamén demostraremos a nosa capacidade para dar o mellor de nós mesmos”.