Previsel inaugura o seu 15º salón de prevención e seguridade laboral cun simulacro

O Salón de Prevención e Seguridade Laboral celebrarase en Expourense entre hoxe e onte. Onte pola mañá tiña lugar a presentación e apertura de portas do evento. Trátase do 15º Salón da Prevención e Seguridade Laboral, con formación especializada impartida por expertos na materia e contando coa activa colaboración de todos os axentes implicados, que elaboraron un completo programa con máis de 30 actividades.

Tanto os profesionais como o público xeral que asistan a Previsel atoparanse dúas áreas: exposición e xornadas técnicas. Entre as novidades desta edición destaca que algunhas destas actividades poderán seguirse en liña.

AVANTAR ACTIVIDADES

TesGalicia retoma a celebración das súas xornadas de formación, que van incluídas dentro da programación de actividades desta feira.

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, destacou  a importancia de facer fronte aos riscos laborais emerxentes derivados dos cambios e desafíos que trouxo consigo a pandemia.

Telmo Ucha Ávarez, concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense e Adela Quinzá-Torroja García, directora do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia – ISSGA, estiveron tamén presentes, destacando a gran aportación dun evento deste calibre para o sector de traballo no que se enmarca.

Posteriormente, tivo lugar a realización dun simulacro de evacuación, no que participaron os bombeiros, a Policía Local, a Policía Nacional e Tesgalicia. Consistiu en reproducir un incendio no cadro de luz das instalacións de Expourense, e evacuar a todos os presentes.

Un dos moitos stands ubicados no recinto e que ofrecen información é o encargado da formación para a obtención de carnets para a conducción de maquinaria. Falamos hoxe con eles.