Obradoiro desde a OMIX de Ribadavia: ” Meu corpo non minte “

OBRADOIRO MEU CORPO NON MINTE: Igualdade de xenero para unha mañá sostible – Meditación, Movemento, Teatro.

O obxectivo principal do taller é sentir os nosos corpos e ser máis conscientes das súas posibilidades.

AVANTAR ACTIVIDADES

O noso corpo non minte, por iso é unha gran fonte de autocoñecemento.

Ao principio, comezaremos a estar presentes mediante a atención á nosa respiración e a nosa postura. O primeiro paso é entón, baixar a mente ao corpo e aos nosos pés. Durante o transcurso do taller, moverémonos libremente e descubriremos o noso movemento propio. Grazas á sesión final de teatro, desenvolveremos a nosa imaxinación e creatividade. Integrando todo o experimentado nas fases anteriores, crearemos escenas e improvisacións.