Ribadavia celebrará o Día Mundial do Teatro.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de Ribadavia, conmemoraremos por segundo ano consecutivo este día poñendo en valor o teatro como patrimonio cultural.

Ribadavia é a capital do teatro galego e non podiamos deixar pasar este día sen celebralo.

AVANTAR ACTIVIDADES

– A primeira actividade será mañá venres 25 de marzo, na Alameda, ás 19:00. Gozaremos das artes escénicas co espectáculo de clown RISCANDO O CEO, para todos os públicos. Un espectáculo de artes éscenicas ao aire libre para todas aspersoas que queiran achegarse a gozar do teatro de rúa, fundamentalmente os máis cativos.

– O propio día, o 27 de marzo, terá lugar unha sesión de Lectura de Teatro Dramatizada o día 27 de marzo ás 12 horas, no salón de plenos do concello de Ribadavia por persoas vencelladas as artes escénicas, como xa se realizou o ano pasado, pero este ano as persoas interesadas en asistir como público porderán achegarse. Ademáis, será retransmitido en directo a tavés da web do concello de Ribadavi: www.ribadavia.gal

As lecturas a realizar serán escollidas entre os gañadores do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro.

RISCANDO O CEO. Lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe co perigo e a risa. Un show de circo que emocionará a todo tipo de persoas a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés… porque, como se di en O Principiño, “o esencial é invisible aos ollos. Só se ve ben co corazón”.