O BNG demanda apoio institucional e económico co pobo saharaui

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Varela traslada ao pleno provincial a necesidade de apoiar ao pobo saharaui e dotar economicamente desde a deputación os Servizos Sociais Municipais ante a crecente crise.  

O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, demandará  ao goberno provincial no pleno provincial do mes de marzo a necesidade de apoiar economicamente as inicitivas municipais en defensa do pobo saharaui, xa sexa de forma directa ou a través do Fondo Galegao de Cooperación.

 O BNG amosa unha vez máis o seu máis firme apoio ao pobo saharauí, e ao seu único e lexítimo representante o Frente Polisario, así determinado polo pobo saharaui e tal  e como recoñece Nacións Unidas e a propia unión Xustiza Europea, na súa loita contra a ocupación militar e polo exercicio pleno do dereito de autodeterminación e a independencia, agarda da institución provincial que se amose o mesmo apoio e sensibilidade que a institución mantén cos refuxiados da Ucraína.

Así mesmo trasladará a necesidade de que o ente provincial inicie o procedemento para dotar de fondos de colaboración os Servizos Sociais Municipais, na axuda as familias da Provincia que se están a ver aínda máis afectadas socioeconomicamente polas sucesivas crises que nos están golpeando.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Varela pon de manifesto que “en moitos casos as axudas de emerxencia previstas nos orzamentos municipais vanse ver superadas amplamente nun curto prazo de tempo dada a alza dos prezos da enerxía e tamén dos alimentos e outros recursos básicos”

Ante esta realidade o BNG considera que Deputación, desde a Área de Políticas Sociais e Igualdade, dote dun fondo extraordinario para colaborar economicamente cos Servizos Sociais Municipais e polo tanto con aquelas familias que máis están a sufrir esta crise.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------