O Psedg de Ourense mantén un encontro co presidente da cámara municipal de Melgaço para impulsar a conexión da ag-31 con Portugal a través da Madalena

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de manter un encontro en Portugal co presidente da Câmara Municipal de Melgaço, Manoel Batista Calçada Pombal para falar sobre a extensión da AG-31 dende Celanova ata a fronteira portuguesa e coñecer a visión do país veciño sobre a conexión lusa ata a fronteira española, a través da Madalena. Os socialistas destacan a “produtividade” e “positivade” deste primeiro encontro e anuncian que en próximas datas seguirán a manter reunións para loitar por unha infraestrutura “clave” para o futuro da provincia de Ourense.

Ata Melgaço desprazáronse o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino; o alcalde de Entrimo, Ramón Alonso; e o presidente da asociación de empresarios de Bande, José Antonio Dorado. Os socialistas sinalan que as impresións “non podían ser máis positivas” e apuntan que os representantes institucionais portugueses “tamén concordan na necesidade dunha conexión que potenciaría o movemento tanto a nivel empresarial como de turistas entre os dous territorios”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o PSOE ourensán volven a recalcar a “importancia” de mellorar a conexión entre países a través da Madalena e afirman que “temos que aproveitar os Fondos Next Generation para impulsar que a AG-31 non remate en Celanova, senón na fronteira lusa”. Neste senso, os socialistas lembran que veñen de presentar iniciativas no Parlamento de Galicia para que se prosiga coa construción da AG-31, un proxecto que consideran de “vital importancia para o desenvolvemento económico, social e demográfico das comarcas de Celanova e a Baixa Limia, pero tamén da provincia de Ourense”.

O voceiro provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, sinalou que o motivo do encontro “era establecer contacto co presidente da Cámara Municipal de Melgaço e comprobar que efectivamente coincidimos na necesidade de conectar ambos lados da fronteira cunha vía de alta capacidade”. O líder dos socialistas ourensáns amosouse “satisfeito” desta primeira toma de contacto, xa que tal e como afirma “en ambos países compartimos a necesidade de impulsar esta iniciativa, polo que continuaremos a pelexar e a manter reunións para que se converta nunha realidade”.

Rodríguez Villarino afirmou que “tomando as palabras da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, os e as socialistas estamos dispostos a pór todo o que sexa necesario para que o goberno autonómico cumpra co obxectivo de realizar esta conexión, xa que cabe lembrar que o titular desta autoestrada”. O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense tamén sinalou que “comprometémonos a falar co Estado para que colabore na medida do posible en facer realidade esta obra”, e apuntou que “a posibilidade de ter unha provincia de progreso e cun correcto desenvolvemento para pasa por facer realidade esta conexión, polo que o PSOE vaise comprometer para que así sexa”.

Pola súa banda, o presidente da asociación de empresarios de Bande, José Antonio Dorado, afirmou que “estamos aportando o noso gran de area para este proxecto, que eu sinalaría como o máis importante para a provincia de Ourense nestes momentos”. Dorado, concelleiro do PSdeG-PSOE en Bande, tamén afirmou que “estamos moi interesados en que as comarcas da Baixa Limia e Celanova e a propia provincia non perdan este último tren que lles queda”.