Obradoiro de Poesía no IES Chamoso Lamas

Esta semana visituounos no IES Chamoso Lamas o xove poeta galego Diego Bará, que con só 23 anos deuse a coñecer no mundo literario coa súa primeira obra A miña utopía, publicada pola editorial Urutau, na que o autor fai unha reflexión sobre moitos temas sociais analizados dende unha perspectiva orixinal baseada nos seus principios e valores.

O libro é ademais unha reivindicación da lingua e cultura propias. O seu labor no centro consistiu en realizar diferentes obradoiros de poesía co alumnado de 3º e 4º de ESO, intentando achegarlles a súa obra e traballando con eles a creación literaria. Esta actividade está dentro do ciclo Cine, poesía e música, que o centro leva desenvolvendo xa dende fai unha década e que conta un ano máis coa colaboración das Áreas de Educación e de Cultura do Concello do Carballiño. 

AVANTAR ACTIVIDADES