Este martes día 26: Percorrido pola cidade de Ourense con lectura de poemas de Valente e textos de Risco

IES CHAMOSO LAMAS

Percorrido pola cidade de Ourense con lectura de poemas de Valente diante da estatua de Vicente Risco, poemas de Risco na rúa José Ángel Valentel, poemas de Valente no Campus, diante da placa de homenaxe a Antón Risco e textos de Antón Risco na praza das Mercedes, diante da placa co verso de Valente.

A actividade comezará mañá martes, 26 de abril, ás 18 horas na rúa Vicente Risco de Ourense (no Barrio da Ponte), diante da estatua erixida na súa honra.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

A lectura dos textos correrá a cargo de:
Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Ana Gloria Rodríguez Alonso, Celia Pereira Porto, Xosé Rodríguez Díaz, Maribel Outeirño, Carlos Pérez Seara e Isolina Luis Torres.

Ás 20 horas no Centro Cultural José Ángel Valente terá lugar a presentación do libro: “Valente Epistolar” (correspondencia de José Ángel Valente coas súas amistades).

A presentación correrá a cargo de Claudio Rodríguez Fer, poeta e director da Cátedra Valente e Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco.