Marta del Amo e Yasmina Laraudogoitia falaron de innovación, Bitcoins e os catro pilares basicos da rede TikTok na xornada adicada ás TIC da Ourense ICC Week

IES CHAMOSO LAMAS

A definición sobre o que realmente é  innovación, bitcoins, as webs 1 e 2 ou a cuántica foron parte da intervención da xornalista tecnolóxica Marta del Amo. Foi a encargada de iniciar  a xornada matinal da oitava edición da Ourense ICC Week, adicada as Tecnoloxías da Información e da Comunicación, TIC.

Yasmina Laraudogoitia, responsable de Relacións Institucionais de TikTok para España, explicou os catro pilares da rede social. Falou de entretenimiento, co-creación, descubremento e aprendizaxe nun salón de actos cheo.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

O público, entre o que se atopaba o alumnado dos colexios Maristas e Franciscanas, foi activo e planteou numerosas cuestións as dúas relatoras

A xornada  da Ourense ICC Week continúa ás 19,30 hora da tarde coa inauguración da exposición do Alpinche, presidida polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Rematará cunha mesa redonda acerca desta icona ourensá.

As Tecnoloxías da Información e da Comunicación foron as protagonistas da sesión matinal da Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense. A xornalista científica e tecnolóxica Marta del Amo, con mais de doce anos de experiencia, iniciou a xornada. Definiu ao público asistente- entre o que se atopaba o alumnado dos colexios Maristas e Franciscanas- coma “a xeración tecnolóxica”.

Na súa intervención explicou que é realmente a innovación. “No todo o que nos venden é innovación. Presentan cousas novas que non aportan nada. Non son un invento que cambie a maneira de facer as cousas”, e engadiu un exemplo: “A fregona é innovación xa que transformou a maneira de limpar”.

“Introducir máis aplicacións xa non é revolucionario”, aseverou. Tamén ofreceu exemplos de fracasos: “O segway ía a ser o medio de transporte do futuro, pero a sociedade non estaba preparada para iso e non foi adiante”.

Marta del Amo tamén falou dos bitcoins, do que son e dos seus perigos e tamén do metaverso. “Intentan vendernos cousas que non queremos, que xa existían e que non nos aportan nada, é o que pasa agora co metavarso”.

“Neste momento todo está centralizado en grandes servidores, grandes empresas con protocolos de distribución fora e nos o consumimos, pero non temos capacidade de interactuar nin de modificar eses protocolos”. Ao final, o público presente que encheu a sala fixo numerosas preguntas acerca da intelixencia artificial, da cuántica ou sobre as webs 1 e 2.

Charla de Yasmina Laraudogoitia

Yasmina Laraudogoitia, responsable de Relacións Institucionais de TikTok para España colleu o relevo de Marta del Amo resaltando o “ empoderamento dos usuarios de TikTok, unha rede interactiva”. Afirmou que “as tendencias transcenden fora das paredes da propia habitación. Os usuarios poden compartir gustos”. Puxo como exemplo os vídeos da xente lendo e recomendando libros “esta interacción recuperou clásicos da literatura” .

Laraudogoitia destacou o carácter interxeracional da rede e os catro pilares que a conforman. “Diversión, co-creación, descubrimento e aprendizaxe. E todos eles interactúan a súa vez entre eles. Mesturase por exemplo aprendizaxe con entretemento e ise un dos grandes valores desta rede”.

A responsable de Relacións Institucionais de TikTok para España quixo destacar que a rede social tamén serve para coñecer a cultura no mundo. “Hai moitas áreas, comedia, idiomas, música, folclore… e a cultura pode viaxar nesta plataforma”. Como exemplos elixiu creadores de contido galegos, coma o “DígochoEu” de Esther Estévez – que cualificou de “moi bo, dinámico e educativo para o galego”- ou as Tanxugueiras. “O son é algo moi importante para TikTok, esta rede revolucionou a música  e a maneira de gozar dela”.

No quenda de preguntas, moi activo, considerar cuestións coma o uso responsable das redes, a maneira de gañar diñeiro de TikTok, como abordar unha posible adicción a estas novas formas de comunicación ou porqué hai algúns contidos vetados, sobre todo relacionados coa muller.

A xornada  da Ourense ICC Week continúa ás 19,30 hora da tarde coa inauguración da exposición do Alpinche, presidida polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Rematará cunha mesa redonda acerca desta icona ourensá.