O PsdeG-Psoe amosa a súa “sorpresa” e “perplexidade” ante a “falta total” de comunicación do bigoberno municipal de PP e do que manteñen pechados os baños da zona termal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas sinalan que a concelleira de termalismo, a popular Flora Moure, remarcou “expresamente” que preguntou por esta situación sen obter resposta e botou as culpas a Armando Ojea

Subliñan que este “é un exemplo máis do desgoberno que se vive na cidade por parte de dous partidos máis pendentes de botarse as culpas uns aos outros do desleixo en materia termal, que de sentarse a falar e traballar para dar unha solución urxente a dita situación”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Ourense amosa a súa “sorpresa” e “perplexidade” ante as declaracións da concelleira responsable de termalismo, Flora Moure, na xunta de área celebrada esta mañá, ante unha pregunta dos concelleiros e concelleiras socialistas sobre o peche dos baños públicos da zona termal. Os socialistas explican que a concelleira remarcou “expresamente” que preguntou pola situación aos seus compañeiros de goberno de DO e botou as culpas da situación ao concelleiro de Democracia Ourensa, Armando Ojea e ao responsable de servizos xerais.

Dende o Grupo Municipal Socialista critican a “falta total” de comunicación entre o bigoberno municipal de PP e DO, tal e como volveu a quedar en evidencia durante a xunta de área de termalismo. Os socialistas subliñan que “é indignante a situación que se vive co termalismo na cidade e que os responsables do goberno municipal de ambos partidos cheguen ó punto de ter que comunicarse por escrito e a través do cividas, para que quede constancia das preguntas relativas a situación que se vive co peche dos baños da zona termal”.

Os socialistas explican que Flora Moure destacou que “preguntou ao seu compañeiro de goberno, Armando Ojea, o motivo de que os baños continúen pechados, cando en principio estaba todo en orde para poder abrilos, sen obter resposta”. Para o PSdeG-PSOE de Ourense este é un exemplo máis do “desgoberno” que se vive na cidade por parte de dous partidos “máis pendentes de botarse as culpas uns aos outros do desleixo do termalismo, que de sentarse a falar e traballar por dar unha solución a un dos bens máis prezados da cidade”.

O concelleiro do PSdeG-PSOE de Ourense, Javier Rey Rey, manifesta que “é incrible que dentro dun propio goberno municipal, non sexan capaces de pórse de acordo para solucionar os problemas do termalismo na cidade de Ourense e que de forma pública se recriminen e boten as culpas da ausencia de actuacións ao respecto”. Neste senso, o edil socialista subliña que “o esencial é que a zona termal teña uns usos adecuados e uns servizos que non permanezan pechados, e non que uns boten as culpas aos outros e todo siga na mesma situación de desleixo e abandono que vén acumulando durante todo o mandato”.

A concelleira socialista, Rosa Martínez Rodríguez, tamén destaca que ante a pregunta feita polos concelleiros socialistas en xunta de área, a concelleira dos populares, Flora Moure, manifestou que “preguntou aos técnicos do Concello acerca do peche dos baños da zona termal sen que lle deran ningunha explicación convincente”. A edil do PSdeG-PSOE de Ourense tamén expresa a súa “sorpresa” porque a concelleira manifestara publicamente que “advertiu a Democracia Ourensana que ante calquera pregunta da oposición ou dos medios de comunicación respondería isto, xa que non sabía a razón pola que os baños da zona termal non se dan aberto”.

O PSdeG-PSOE de Ourense tamén “urxe” a apertura “inmediata” das termas do Muíño da Veiga e a Chavasqueira e da piscina termal das Burgas e sinalan que a situación co termalismo na cidade “é un desastre”, motivo polo que esixen que se “normalice” a situación canto antes e que PP e DO “cumpran coa veciñanza e os turistas cunha zona termal acorde as necesidades dunha cidade da que o bigoberno presume que é a capital termal da provincia”. Neste senso, tamén manifestan a necesidade de “mellorar a seguridade”, para evitar que se produzan actos vandálicos como os acontecidos nos últimos días.

Os socialistas tamén aproveitaron a xunta de área de termalismo para reclamar que se volvan a habilitar as fontes municipais ditas na zona termal, para que veciños, veciñas, turistas e deportistas poidan facer uso das mesmas. Reclaman que aínda que dependen do concelleiro de medio ambiente, Jorge Pumar, a concelleira de termalismo “debe vixiar e controlar que estean a punto os servizos que afectan a súa área de competencia, esixíndolle se é necesario a outras concellerías que cumpran coas súas funcións”.