A Marca O Irixo, o mel de Boborás e os viños do Ribeiro destacan no Salón Gourmets de Madrid

Ata hoxe, día 28 de abril, celebrouse a 35 edición do Salón Gourmets, no recinto de IFEMA, en Madrid. O Inorde participou, por primeira vez, nesta feira de alimentos e bebidas de calidade, con 12 microempresas como coexpositoras.

A xerente do Inorde, Emma González, destacou que a finalidade de estar alí era a de impulsar accións que promovan produtos agroalimentarios que xeren valor engadido ao territorio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste salón estiveron presentes algunhas empresas da nosa contorna, coma HERMANOS FERRADÁS, dentro da Marca O Irixo, que reúne a produtores agrícolas e gandeiros locais, dispostos a levar a calidade dos seus produtos fóra da nosa comarca. Acompañando a esta empresa foron diferentes produtos da “Marca O Irixo” dando a coñecer neste foro especializado en alimentación e bebida de relevancia internacional a gastronomía rural do municipio.

Doce Bágoa é unha empresa que desenvolve o seu traballo en Boborás creando en cada lote de mel unha nota única e característica. O seu mel e os seus innovadores produtores baseados nel foron uns dos responsables do toque doce que ofreceu o stand “Ourense Enogastronomica” durante a feira de Madrid.

Tamén estivo neste salón unha representación do viño da Denominación de Orixe Ribeiro, cas adegas Sameirás de Ribadavia e Eduardo Bravo, ou Celme, de Castrelo de Miño. Os seus viños son o resultado dun traballo minucioso e respectuoso co medio ambiente, empregando exclusivamente variedades de uva autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.