A Xunta prohibe dende hoxe as queimas forestais de particulares

A partires de hoxe quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso. Só quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica.

A Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria no teléfono gratuíto 085.

AVANTAR ACTIVIDADES