Espazo Común cederá o seu turno no pleno deste xoves a Asdifica para que poidan defender o seu dereito a un local

IES CHAMOSO LAMAS

Resulta inaudito que un colectivo de persoas con discapacidade teña que chegar a manifestarse na rúa para que o Concello lles ceda un espazo para as súas actividades.

A falla de sensibilidade despois dos compromisos adquiridos e incumpridos denota moi pouco tacto por parte de Fumega, para quen é obvio que están os colectivos afíns e os outros.

HIPER MASIDE

Este xoves ás 9:30 da mañá terá lugar a sesión plenaria do Concello do Carballiño correspondente ao mes de abril.

Na mesma, Espazo Común presentará pola vía de urxencia unha moción para que o goberno municipal cumpra co seu compromiso de ceder un local a ASDIFICA (Asociación de Persoas con Discapacidade Físicia e Orgánica do Carballiño e Comarca).

Despois de anos de reivindicacións moito máis ca xustas, a directiva deste colectivo acadou a mediados do pasado ano que o alcalde Fumega e a concelleira Guadalupe Sobrado asinaran un convenio no que garantían a cesión dun espazo para o desenvolvemento das súas actividades na actual Estación de Autobuses unha vez fora trasladada á intermodal.

Unha vez coñecida a nova de que nesa ubicación é onde se vai a construir o novo Centro de Saúde, ninguén do grupo de goberno se dirixiu a eles para facilitarlles explicación nin alternativa algunha.

Dende Espazo Común temos por seguro que o trato que se lle está a dar a unha asociación de tanta sensibilidade social e que representa a máis de 100 persoas está moi lonxe do que se pode considerar decente. É por iso que ademáis da presentación da moción os concelleiros do noso grupo van ceder durante o debate os seus asentos a membros de ASDIFICA para que sexan eles quenes expoñan a situación e as causas da urxencia da súa reivindicación.